O “Aquí Galicia Tour” visita esta tarde Pontevedra, inmersa nas Festas da Peregrina, unha das celebracións con máis tradición na cidade e en toda Galicia. Lucía Rodríguez contará no programa coa presenza de José Luis Rodríguez, da Asociación Sete Espadelas, que realizará un desfile con traxes tradicionais galegos e que, como feito que hai que destacar, son exhibidos publicamente por vez primeira.