As Festas do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas, en Vigo, declaradas de Interese Turístico de Galicia e que contan cun grande arraigo popular na súa contorna, son o marco en que se desenvolve o programa “Aquí Galicia Tour”. Unha celebración tradicional que ten como principais actos a procesión do Cristo e os Fogos de Bouzas. A presentadora do programa, Lucía Rodríguez, fala co confrade maior do Santo Cristo dos Aflixidos, Íñigo Andonegui; co patrón da Confraría de San Pedro, Carlos Lago, e con Juan Olivencia, da Asociación de Modelistas Navais de Galicia, que traen unhas réplicas a escala de diversos barcos e navíos. “Aquí Galicia Tour” ofrece un exemplo de comida tradicional de Bouzas e a nota musical vén da man do grupo AAF´60, á fronte do cal está un dos cómicos vigueses con máis traxectoria, Alberto Cunha, que interpreta dous temas clásicos, un de Andrés do Barro, “Teño saudade”, e outro de Los Tamara, “A outra nai”. O programa tamén está en directo en Corme, no concello de P