“Aquí Galicia Tour” trasládase ao Carballiño, no día en que se elabora a tapa de polbo máis grande do mundo. Desta iniciativa falan Isaura e Roberto, da Asociación de Polbeiros de Arcos, responsables da elaboración desta tapa xigante. A música vén da man da Banda de Gaitas do Carballiño, que interpreta o Himno oficial desta edición da Festa do Polbo. Ademais, Norberto Rodríguez, presidente do Club Nacional do Seat 124, trae un deses autos que marcaron a toda unha xeración; e un desfile de moda ofrece suxestións para os máis pequenos da casa. E xa que O Carballiño e México están moi unidos, cóntase con gastronomía mexicana. Mentres, Pepe Capelán conecta desde a vila de Sanxenxo.