Neste día de San Roque, festivo na meirande parte de Galicia tamén haberá tempo para o desfile da Función do Voto, en que participarán todos os grupos e asociacións de Betanzos. Ademais, intervirán no “Aquí Galicia Tour” as raíñas da Festa, tanto absolutas como infantís. No apartado musical será a quenda das Danzas Gremiais de Arcos, que se atopan entre as máis antigas de Galicia.