O “Aquí Galicia Tour” achégase ata a praia da Lanzada, que pertence a dous concellos: O Grove e Sanxenxo. Con este motivo, o espazo que presenta Lucía Rodríguez conversa con Cecilia García, técnico de Turismo que conta as posibilidades que ofrecen estes dous concellos, que se atopan entre os máis turísticos de Galicia. O programa non pode esquecer tradicións como a das nove ondas para quedar embarazada. Falan disto Fabiola Garrido e Iker Méndez, que son unha nai, co seu fillo, que cumpriu o ritual das ondas. Tamén está o párroco da Lanzada, José Manuel Taibo. No transcurso do programa, os espectadores poden gozar dun desfile de moda con aires náuticos. Outro dos convidados desta edición é Abelardo Martínez, policía local de Sanxenxo, que é quen dá vida ao “Poli Paco”, un monicreque que lles ensina aos rapaces da localidade as normas básicas para circulación e urbanidade. Na parte musical cóntase coas actuacións de Os Firrás, uns amigos que mesturan a rondalla máis tradicional de pulso