“Aquí Galicia” recibe a Tonhito de Poi e Lucía Pérez, que rematan a súa peregrinación en “Destino Santiago”, con música na Alameda de Compostela, onde actúan Santy Kalo, Rubén Gómez, o Grupo Samba ou Danza Coreográfica Sons.   Os dous artistas chegaron a Compostela tras facer o Camiño Francés, desde Roncesvalles, pero a capital de Galicia e tamén o destino do camiño Portugués, Inglés ou de Fisterra. Ao longo do programa, Lucía Regueiro, Bernardo Montaña e Juan Fuentes conversan cos peregrinos que chegan por todas estas rutas, ademais de guiar aos espectadores nun percorrido pola catedral e as catro prazas que a rodean, e por algúns dos negocios que foron xurdindo arredor dos peregrinos desde as tendas de recordos ata podólogos. O programa mergúllase noutros ambientes de Compostela, nas rúas do Franco, a Raíña ou a Praza de Abastos, e recréase coas imaxes dalgún dos tesouros da zona monumental, como as prazas do Toural ou Mazarelos, a Porta Faxeira, e a Cidade da Cultura, ou de zonas