A TVG ofrecerá este sábado á tarde unha nova edición do programa “Aquí Galicia”, que hoxe non podía estar noutro sitio que no epicentro da vida social da comunidade durante estes días: o San Froilán de Lugo, a festa por excelencia do outono. As cámaras do programa pasearán polas rúas do casco antigo da cidade, que se enchen de actividades e de milleiros de visitantes, e polo campo da festa, onde as casetas de polbo son sen dúbida o maior reclamo. “Aquí Galicia” contará hoxe cun desfile de gando de San Froilán especial para o programa, con razas autóctonas como o burro fariñeiro, a pita de Mos e o porco celta. Ademais, membros da Asociación Corazóns Artesáns farán unha mostra do seu traballo, mentres que Jandro e Magali, subcampións de Europa de bailes de salón, ofrecerán unha exhibición do seu bo facer na pista. Os espectadores tamén poderán dar unha volta por Gastroarte, a I Feira de Artesanía e Gastronomía, que nace co obxectivo de recuperar o ambiente da feira tradicional que fo