O programa faise en directo desde a Porta do Sol e a rúa do Príncipe de Vigo para comprobar como a cidade se prepara para despedir o ano e darlle a benvida a 2018. Polo escenario de 'Aquí Galicia' pasan o trío vigués AAF´60, composto por Alberto e Andrés Cunha e Rafael Otero, que están especializados en revisionar a música dos anos 60 e 70; os irmáns vigueses Diumaró, grandes triunfadores do concurso “Recantos” de “Luar” na súa edición de 2012; a orquestra Miramar; o grupo de baile tradicional O Fiadeiro; a Rondalla de Nadal do Centro Cultural de Valadares; a academia de baile moderno Arte y Danza e a parella de bailes de salón formada por Abel Casal e María González, campións en diversas modalidades de baile deportivo e de salón. Aproveitando esta ocasión, o programa lévanos a facer un percorrido turístico pola cidade e a ría. Visitamos a necrópole castrexa do monte do Castro, o monumento á batalla de Rande, o sereo e algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, coma o de Almace