“Aquí Galicia” viaxa a Portonovo, onde se celebra a Festa de Santa Catalina e a Pre-Festa da Raia. A través do programa, coñecemos un pouco máis a contorna da vila e os seus principais atractivos turísticos, coma a necrópole e a ermida da Lanzada, as súas praias, igrexas e hórreos e o turismo náutico, ademais do Complexo Intermareal Umia – O Grove. En calquera visita á comarca do Salnés é obrigatoria a parada nalgunha das grandes bodegas de viño con D. O. Rías Baixas. “Aquí Galicia” tamén mostra a vida cultural de Portonovo. Os integrantes da Asociación Andarela falan do “Roteiro da Compaña”, unha ruta que se fai pola noite a través do monte, vestidos de Santa Compaña e acompañados de candís e candeas. O escenario serve de pasarela para un desfile de moda coas propostas para o outono e inverno. A danza poñena os grupos de baile tradicional Abiñadoira, de Sanxenxo, Soalleira, de Dorrón, e Os Gatiños e Lembranzas, de Portonovo. Da música encárgase a ex-recanteira Sara Iglesias, que act