“Aquí Galicia” chega esta semana ao concello lucense do Páramo, que durante estes días celebra a Feira e Festa da Primavera. Os reporteiros falarán con fundador deste evento, Jesús Méndez, que contará como naceu e cales foron os momentos máis senlleiros da súa historia. As cámaras do programa amosaranlle aos espectadores os lugares máis turísticos da zona, como o pazo de Neira ou o de Camba, a casa de Teixeiro ou a dos Sarmiento, a torre da Barreira ou a do Mariscal e varias igrexas, ademais dos montes, ríos, miradoiros e a carballeira, do Campo da Feira, que alberga carballos centenarios.