Esta semana, o equipo do programa “Aquí Galicia” está en directo no Barco de Valdeorras ao sur de Ourense. O programa visita os postos da praza Andrés de Prada, onde se vende mel, bicas, botelos, embutidos e moitos máis produtos da zona, e entra no pavillón de Calabagueiros, onde se celebra un macroxantar que reune a máis de 1.300 persoas para degustar o botelo do Barco de Valdeorras.  A sección gastronómica do programa céntrase no botelo, a androlla e o pigureiro, uns manxares típicos destas datas despois de ter feita a matanza. Tamén hai lacón con grelos, cabrito asado e unha selección de produtos artesáns de panadería típicos da zona, coma a empanada de maravallas, a de costrelas ou a torta de Roxón.  A música do “Aquí Galicia” está a cargo da orquestra Olympus, do grupo de música e canto Son do Sil, da banda de música, e a banda de gaitas do Barco de Valdeorras e o grupo de baile tradicional Arume de Queiruga.