“Aquí Galicia” asiste ás San Lucas, que se celebran cada ano na vila lucense de Mondoñedo. O set do programa está situado no Campo da Feira local, pero tamén se fan conexións coa praza da Catedral, no corazón da localidade. Para coñecer mellor a vila, a comarca da Mariña Central e mais a súa contorna, os reporteiros dan unha volta polos espazos naturais que rodean a cidade e visitan as covas do Rei Cintolo. Tamén percorren a área de Mondoñedo alcumada “Venecia Galega” por Álvaro Cunqueiro e visitan tanto a feira das San Lucas, a máis antiga de Galicia, coma os cabalos e bestas salvaxes, os grandes protagonistas destas festas. Ademais da coñecida Feira do Gando Cabalar, o programa conta con múltiples actividades lúdicas coma xogos celtas e tradicionais e ofrece unha demostración de tallado artístico en madeira con motoserra.  No apartado gastronómico, o protagonismo recae na sonada torta de Mondoñedo e mais no pan da mesma vila, e tamén nos produtos da horta da Mariña Central.  A mús