A festividade do San Martiño vívese en toda Galicia e, de xeito moi especial, en toda a provincia de Ourense. Nesta edición, Lucía Rodríguez, Juan Fuentes e Bernardo Montaña súmanse ao ambiente festivo que se vive na cidade das Burgas en plena celebración do magosto. Desde o parque do Barbaña da cidade, emprazamento onde se desenvolve o gran magosto que organiza cada ano o concello, o programa dá a coñecer mellor esta celebración achegando os preparativos do magosto, xa que ademais das castañas como ingrediente principal, é preciso dispoñer de chourizos e costelas para asar. Dado que a cidade de Ourense pertence á Denominación de Orixe Ribeiro, tamén se rega este con algo de viño novo.  A oferta das tapas é outro dos grandes atraentes para visitar Ourense e nestes días máis, xa que se está a desenvolver o concurso Sabores de Ourense-Pinchos de Outono, en que participan máis de 40 establecementos ofrecendo petiscos elaborados a base de cogomelos e castañas. Un equipo do programa percor