“Aquí Galicia” emítese desde Lugo, que esta fin de semana revive a súa historia romana e castrexa cunha nova edición do Arde Lucus, a primeira como Festa de Interese Turístico Nacional. A zona histórica transfórmase, como cada ano, en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana, ofrecéndolles aos que a visitan un completo programa de actividades, nun marco incomparable como é a muralla. O espazo da TVG vai tras as pegadas dos romanos na cidade e visita, entre outros, a muralla e varios xacementos e mosaicos. Tamén se achega á historia da auga no Lugo romano, xa que esta tiña un papel fundamental naquela época. Así, está no río, na súa ponte e nas termas. Ademais, podemos coñecer deportes romanos como o tiro con arco ou o harpastum, que é unha mestura entre fútbol e rugby, o adestramento militar da Asociación Cohors III Lucensium, os menús e as vodas castrexas e romanas e todo canto acontece na contorna da Praza Maior e da catedral. Na parte musical, o programa ofrece as actuaci