O equipo de “Aquí Galicia” desprázase á parroquia de Lestedo, en Boqueixón, no día en que celebra a Festa da Filloa. Estas xornadas gastronómicas prolongan as celebracións do Entroido máis aló do mércores de cinza, coa presenza dos xenerais da Ulla. O programa propón un percorrido polo Miradoiro e o Centro de Interpretación do Pico Sacro, que acolle unha exposición sobre o Códice Calixtino, e un paseo pola Ruta dos Pescadores a carón do Ulla. A contorna de Lestedo invita, sen dúbida, á práctica de deportes como o kayak, treking ou bicicleta de montaña.  Ademais, as cámaras lévannos ata o Centro de Razas Equinas Autóctonas de Galicia, onde se traballa na protección de razas en perigo de extinción. Boqueixón é tamén recoñecido por elaborar queixos de dúas denominacións de orixe, Arzúa Ulloa e Tetilla. "Aquí Galicia” contribúe á xornada festiva coas actuacións da cantante Yhadira, da banda de música de Santa Cruz de Ribadulla, o grupo Garibaldi, a agrupación de musica tradicional Pena