“Aquí Galicia” desprázase á localidade pontevedresa de Barro, onde se celebra a segunda edición da RaxoFesta, un evento que mestura deporte e gastronomía.  No apartado gastronómico, aprendemos diferentes xeitos de preparar o raxo: á pementa, ao allo, en empanada e petisco de raxo.  A presentadora de “Aquí Galicia”, Lucía Rodríguez, fala cos directivos do Barro Club de Fútbol, Eva María Paredes e Ricardo Fernández, organizadores da RaxoFesta. Ademais, xa que Barro é un dos concellos que máis impulsan os deportes e as escolas deportivas, o programa comparte uns momentos cos equipos de fútbol sala, fútbol 11 e tenis. Xa que o espazo da TVG vai pasar esta tarde de sábado en terra de muíños, acompaña un grupo de escolares que presencian unha recreación de como era a moenda tradicional nun dos muíños que se atopan no río Barosa e rematarán elaborando pan. O concello de Barro caracterízase tamén pola grande extensión de montes que alberga. O equipo de “Aquí Galicia” asiste, na compaña do