O “Aquí Galicia” desprázase ao concello lucense de Ribadeo, con motivo da súa Festa Indiana, dedicada este ano ao UruguaiO programa  lembra o pasado dos emigrantes a América, sobre todo a Cuba. Así, visítanse edificios, casonas e exemplos de arquitectura de corte indiana. Tamén se mostra en directo a chegada dos Haigas, luxosos coches da época indiana. A música póñena a orquestra Gran Parada, o Grupo Caxade, a banda de gaitas Mario Tapiega e a compañía da academia Goldance.