O equipo do programa diríxese cara a Cangas do Morrazo, concretamente á parroquia de Aldán, onde cada 20 de xaneiro ten lugar a tradicional danza en honor a San Sebastián, declarada de Interese Turístico de Galicia e executada por 10 galáns e 5 madamas vistosamente ataviados. Podemos ver en directo a interpretación destas danzas ancestrais, que pasan de xeración en xeración desde 1678. A presentadora, Lucía Rodríguez, conversa coa vicepresidenta da Asociación Cultural que organiza a festa, que fala da figura do mordomo, unha das máis representativas da celebración e sobre o vestiario da danza, os coidados da roupa, os ensaios, etc.  Os días previos a San Sebastián celébrase tamén en Aldán a romaría de Santo Amaro. Alí estivo o programa compartindo o desfile matutino coa charanga Noroeste e logo a misa solemne seguida da tradicional procesión e da Gran Queima dos Monecos. “Aquí Galicia” aproveita a súa presenza en Aldán para coñecer máis sobre Cangas e a súa comarca. Así, visita o nú