Durante o verán, Burela convértese nunha capital do veraneo en Galicia. Hoteis, restaurantes, bares e rúas énchense de vida e tanto visitantes coma veciños gozan do lugar durante o día e a noite. Este ano celébrase a XXXII edición da Feira do Bonito e o equipo do programa pasará pola vila da Mariña Lucense e degustará o menú que se vai servir na feira, a base de bonito á grella, bonito cocido e empanada de bonito.