“Aquí Galicia” está en Ferrol para retratar as horas previas a Noite das Pepitas, Festa de Galicia de Interese Turístico e unha das máis antigas da zona. O programa fai un repaso pola súa historia de máis de 120 anos. En grupos e ataviados con capas, na véspera do día de San Xosé, os ferroláns percorren as rúas da cidade con guitarras e outros instrumentos.  Para coñecer de preto as rondas, as formacións protagonistas desta festa, “Aquí Galicia” acompaña nos seus preparativos a rondalla Sonidos del Alba. Todas as rondallas teñen as súas madriñas, o que é considerado como unha grande honra. O programa ve como se preparan para esta noite as madriñas de Añoranzas, Club de Campo e a devandita Sonidos del Alba. Ademais de adentrarnos na preparación da festa, podemos facer turismo polo Ferrol vello, o porto, o Teatro Jofre, os edificios modernistas do barrio da Madalena, os xardíns de Herrera e a ruta das Meninas de Canido; así como polo litoral ferrolán e os museos máis destacados da cida