Coñecemos a Manolo, un deportista de 61 anos con moita picardía que chega desde Tui para poñerse diante das cámaras do programa e vén disposto a atopar unha muller que sexa quen de seguirlle o ritmo. Para botarlle unha man contará con Itziar, a psicóloga do programa, experta en temas amorosos. E tamén poderá pedirlle consello a Camilo, un dos protagonistas da primeira temporada. Ambos os dous tratarán de crear a química entre Manolo e a súa pretendente, unha muller moi particular. Lola ten 55 anos e é do Grove. Ela carga nas súas costas varios fracasos amorosos e unha grande inseguridade que trastornará un pouco o pícaro Manolo. Tras varios cuestionarios, probas e citas, os espectadores verán se a cousa chega a bo porto entre a dramática Lola e o práctico Manolo.