O protagonista desta noite ten 34 anos e é de Oleiros. Tivo varias relacións que o levaron a ser desconfiado coas mulleres, pero agora está disposto a baixar a súa coiraza e darlle unha nova oportunidade ao amor. Coa axuda de Itzíar, a conselleira de “Amor na Rede”, vai coñecer a Edith, unha granadina de 32 anos que vive en Vigo e ten dúas fillas.