Antón González, é un vigués de 29 anos cunha afección tola pola música electrónica. A súa axenda está ateigada de tarefas que lle provocan moito estrés a el e a todos os que o rodean. Por mor disto, para atopar unha parella terá que tratar de relaxarse e ser máis organizado, algo que non vai ser doado.A psicóloga deste espazo romántico da canle pública, Itziar Villar, encontrou para el unha boa candidata: Andrea Piña. Tamén de Vigo, Andrea ten 32 anos, pouca paciencia e moito carácter. Ela non anda ás voltas e di as cousas como as pensa, senten ben ou senten mal.