A familia González Porto, composta por catro membros, defínese como divertida, cariñosa e aventureira. Viaxa desde Rábade, en Lugo, ata Corrubedo, nun fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes.  Carli e Belén (os pais) e Catuxa e Víctor (os fillos) comezan a súa aventura na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Tras a súa recepción, a cargo de Melania Cruz, a familia goza dun percorrido guiado para coñecer o máis destacado da vida e obra do Premio Nobel das letras padronés, en compañía do bibliotecario da fundación, Iván Rodríguez. Despois desprázanse ata a casa de Milagros González, membro da S.A.T. A Pementeira, onde coñecen a fondo o pemento con denominación de Orixe Herbón-Padrón, xa que teñen que recoller, pesar e envasar pementos.  Manteñen un fantástico xantar no restaurante Chef Rivera e visitan o Xardín Botánico Artístico de Padrón en compañía do técnico de turismo Alberto Rey. No parque Multiaventura Galipark, escalan un rocódromo de 12 metros,