A familia Carrera Quintás viaxa desde Palas de Rei, na provincia de Lugo, ata as Illas Cíes, nun divertido itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. O máis pequeno da familia, Xoel, de tan só 3 meses de idade, queda a fin de semana na casa, mentras tanto, Alfonso e Susana (os pais), a súa filla Lía, e os dous rapaces de acollida que conviven coa familia, Malika e Sidagmed, comezan a súa aventura no Castelo dos Condes de Ribadavia, onde Melania Cruz os estará agardando.  A continuación, a familia goza dun percorrido guiado para coñecer o máis destacado da vila de Ribadavia da man de Ramón Estévez e dunha corte de soldados medievais. No seu paseo atópanse coa Asociación da Festa da Istoria, cuxos membros bailan con eles unha danza tradicional.  Pola tarde, visitan Vigozoo na compaña da guía do parque, Ana Sacarrera, e, ao saír, unha limunisa lévaos ata o primeiro hotel 5 estrelas de Galicia, onde pasan a noite.  O domingo saen do porto de Vigo cara as Illas Cíes e logo na