A familia Baizán Canosa, composta por oito membros, que se define como unha familia divertida, unida e aventureira, viaxadesde Cambre, na Coruña, ata as Rías Baixas, nun divertido e fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. Os máis pequenos da familia, Carlos e Carolina, de 6 e 5 anos, quedan a fin de semana na casa, mentres que Arantxa e Vicente (os pais), Jorge e Marta (os fillos maiores) e os xemelgos Arancha e Santi comezan a súa aventura no Pazo de Rubiáns, onde os agarda a presentadora do programa, Melania Cruz. A continuación, a familia goza dun percorrido guiado polo pazo en compañía do enxeñeiro do Pazo, Guillermo Hermo. Alí abrazan o eucalipto máis grande do mundo e vendiman no viñedo máis extenso da comarca do Salnés. Tamén visitan a feira de Vilagarcía, onde a Asociación O Souto de Rubiáns canta e baila para eles, e entran, na compaña de Ángela Fernández, no conxunto histórico-artístico de Vista Alegre. O percorrido segue polo ecoparque multiavent