Os protagonistas deste Alalá son: Suso Vaamonde, Xosé Lois Romero e Pedro Lamas; tres músicos impresionantes, tres almas predestinadas a facer da música un xeito de vivir e, sobre todo, de gozar. Cada un por separado, en parella ou co trío, teñen unha traxectoria musical que impresiona: forman parte de distintos grupos, publican obras, dirixen espectáculos, compoñen, dedícanse ó ensino... Os tres basean o seu traballo na formación, no talento e na esponteneidade. A música é algo así como unha terapia de lib