Roi Casal está a presentar o seu segundo disco en solitario: Máxicamente vello. A súa música soa ás veces tradicional, outras moi pop ou moi roqueira. Unha mestura que a Roi saelle de xeito natural. Tiña que ser así á forza, porque é fillo de Nando Casal, o gaiteiro de Milladoiro, e medrou rodeado dos discos de seu pai e de tódalas outras músicas que ía descubrindo por si mesmo