Unha muiñada vai reunir boa parte dos artistas que xa pasaron por este espacio na pasada tempada. Integrantes de grupos como Malvela, Treixadura, Pandeiromus, Os Estalotes, Cantadeiras do Berbés, Diplomáticos do Acordeón ou Son de Seu compartirán esta noite de muiñada con Concha de Luneda, Rosa de Moscoso, Pinto de Herbón, Luis Caruncho, Manuel Amigo ou Aúrea das pandereteiras de Laxoso.