Neste programa estamos con Leilía, sen dúbida un dos grupos máis populares e máis innovadores da música tradicional galega. Felisa, Merche, Montse, Patricia e Ana comezaron hai 16 anos a percorrer as aldeas galegas para recoller directamente da xente maior as pezas que se cantaban hai anos.