O espazo estará na Foliada do Mosteiro de Carboeiro, en que participarán seis dos grupos máis potentes e divertidos da música galega actual: As Tanxugueiras, Pandeireteiras Sen Fronteiras, Cantigas e Agarimos, Novo Aires da Terra, Os Melidaos e Os D’abaixo. Actualmente, as novas xeracións están a recuperar o gusto por esta música festiva, alegre, feita para bailar e divertirse; cambiaron moitas cousas, pero a música galega séguese bailando e gozando. Os grupos que estarán nesta Foliada en Carboeiro teñen en común que tocan para que a xente o pase ben e baile, para alegrar a vida.