Atopámonos entre as provincias de Pontevedra e Ourense e a moi pouquiña distancia de Portugal. Nesta zona, concretamente no concello da Cañiza, vive Concepción Rodríguez Álvarez mais coñecida por Concha de Luneda. Unha muller entrañable que conserva viva a tradición oral e musical desta zona de forte influencia portuguesa.