Nesta primeira entrega, o programa realizará un percorrido pola baía de Cádiz, a case dez horas en coche de Galicia, centrándose en Rota, no Puerto de Santa María, Puerto Real, San Fernando e Cádiz capital, para buscar historias con “ADN Galego”. O programa amosará as numerosas pegadas dos galegos en Cádiz. O fundador, en 1830, das famosas bodegas Caballero, era un galego: Don José Cabaleiro do Lago. Desde comezos do século pasado tamén chegou moita xente do mar galego á costa gaditana. De feito, de 16 armadores que había en 1920 en Cádiz, 15 eran galegos.