Historias como a de Moisés, un hostaleiro a quen no futuro lle gustaría retornar a Galicia para ter un porco e unhas galiñas; Elena, a galega que marchou de Galicia cara a Cassá de la Selva para saber o que era traballar fóra; Alberto, un galego que traballa para unha importante empresa relacionada co sector téxtil; Fernán, un fisioterapeuta en San Feliu de Guíxols ; José Manuel, o xefe de mantemento dun hotel en Tossa de Mar; Fátima, filla dunha galega con envexa de non nacer en Galicia coma o seu irmán; Adrián, traballador nunha empresa de toldos, e Concha e Manuel, os donos da taberna galega Can Perleta en Selva de Mar, moi preto de Cadaqués.