“Actualizad@s” aborda o crecemento dos mercados de segunda man que, ademais de supoñer unha oportunidade para comprar máis barato, se converteron nunha saída laboral para emprendedores. Un dos protagonistas do programa é Xavier, dono dunha tenda en Vigo en que vende e intercambia artigos para bebés e en que os compradores poden aforrar arredor dun sesenta por cento. Xunto aos productos de puericultura, un dos mercados de segunda man que máis medrou nos últimos anos foi o da roupa de marca. O programa amosa dúas tendas de Pontevedra en que se poden atopar desde vestidos de noiva ata zapatos ou complementos de deseño a prezos accesibles. Outro mercado moi dinámico é o dos teléfonos móbiles, onde estes dispositivos atopan unha segunda vida. Actualizad@s entra nun tenda especializada en novas tecnoloxías de segunda man para ver como se comproba o estado do teléfono e como se fixa o seu prezo de venda. Aínda que o crecemento destes núcleos comerciais está en moitos casos vinculados aos p