A presentadoras de Actualizad@s percorren a xeografía galega na fin de semana grande do Entroido. Brenda Vázquez, Elena Portela e Olaya Rivas volven ás rúas das vilas e cidades de Galicia para amosar na noite de luns na Televisión de Galicia as tradicións ancestrais do Entroido e os costumes e eventos que fan destas datas un referente a nivel nacional e internacional. As figuras máis representantivas e de orixes ancestrais que contan coa calificación de Festa de Interese Turístico, conviven nestas datas con eventos e costumes orixinais que unen aos galegos e galegas nunha das citas festivas máis agardadas do inverno. Brenda Vázquez achegará aos espectadores as últimas tendencias en disfraces visitando un coñecido establecemento que leva vendidas preto de 2000 unidades dun único produto, que apunta a converterse no líder da listaxes dos disfraces estrela deste ano. Amais amosará xunto a Olaya Rivas e Elena Portela os motivos que fan tan especial e insólita nestes días a provincia de Our