“Actualizad@s” achégase á vida cotiá dun grupo de galegos cos biorritmos alterados pola primavera. Un estación en que a natureza e seres vivos experimentan cambios que alteran, dalgún xeito, a percepción das cousas. O incremento da radiación solar e o ascenso das temperaturas provocan unha revolución hormonal que mellora, de xeito substancial, o estado de ánimo das persoas. Os membros da Asociación Cazarco reúnense a miúdo nos montes de Redondela para practicar caza con arco. Coma nun xogo, intentan facer diana nas figuras en tres dimensións agochadas entre as árbores nunha especie de circuíto cinexético. Os reporteiros do programa acompañan a Xaime Villaverde, presidente do colectivo, á fronte dun grupo de afeccionados nun destes percorridos de caza simulada. Ademais, visitan a Xosé Manuel Portela, un veciño do Rosal que leva toda a vida traballando no seu pequeno invernadoiro de flores. Coa chegada da primavera, o negocio convértese nun estoupido de cores vivas e aromas frescos que c