No programa de hoxe de A Voltas Coa Música contaremos coa axuda da fermosísima actriz e cantante Nya de La Rubia. Os nosos xogadores terán que estar ben atentos para superar as nosas probas e alzarse coa vitoria no Chegou a Melodía. Javi de Coristanco, Fernando de Cambre, Nerea de Vigo, Rubén do Grove e Rosana de Piñor loitarán por ser o único concursante que poida elixir xogar no Chimpún Final. Ademais de axudar aos nosos xogadores, Nya cantará un dos temas máis representativos da súa traxectoria, “Callejuelos”. Unha mestura de flamenco e ritmos urbanos.