No programa de hoxe, María Villalón é a artista convidada. Axudará aos xogadores en todo momento e cantará o seu éxito “Lela”, unha fermosa canción en galego extraída dun famoso texto de Castelao. Yoli de Verín, Antonio de Oleiros, Ana de A Estrada, Cristian de Redondela e Belén de Vigo terán que acertar as preguntas e superar as nosas probas para levar os cartos en xogo.