O programa de hoxe de A Voltas coa Música contará con cinco xogadores que loitarán por ser quen gañe os cartos en xogo. Nete de Vigo, Xaquín da Coruña, Cati de Redondela, Xabier de Moaña e Carlota de Oleiros contarán coa axuda de Tania Veiras, a coñecida reporteira e cantante que fará todo o que estea na súa man para que os concursantes apañen a maior cantidade de cartos nas probas. Ademais, mentres os xogadores collen folgos, Tania Veiras cantará o seu tema “Baila” para deleite do público no plató e a xente que se estea a divertir có A Voltas Coa Música na súa casa.