A vida continúa nos distintos contornos das viúvas. Roberto botou unha moza, Clara, moi nova e moi guapa, así que Renata non pode evitar sentir celos da rapaza e empeza a buscarlle defectos; cando a descobre pola rúa en actitude agarimosa cun mozo da súa idade cre ver confirmadas as súas sospeitas...