Lucía está moi contenta pola volta de Quique, e esta vez semella que non lle ocorreu nada na plataforma. Pola súa banda, Renata recupera por fin a custodia da súa filla despois dun doloroso xuízo contra os seus sogros. Doutro lado, cando Marta sabe da doenza de Sofía sénteo moito, non pode ir vivir con Andrés e decide quedar para coidala, sabendo que sacrifica a súa propia vida por ela.