Renata non é quen de saír da espiral de alcohol e abandono na que está metida. Sente que xa non pode caer máis baixo. Só ten dúas opcións: deixarse morrer ou loitar para recuperar a súa vida. Aurora espera a visita de Carme pero un imprevisto fai que retrase a súa viaxe. Unha noticia inesperada que pode cambiar a súa vida para sempre. Sofía recibe a nova de que Diego, un amigo da mocidade afectado de alzhéimer, desapareceu da residencia. A busca de Diego fai que Sofía se despreocupe do negocio. Lucía ves...