Lucía descobre a Renata, a Alicia e máis a Mila tiradas no chan do piso de Renata. Unha fuga de gas estivo a piques de acabar coas súas vidas, e todo por culpa de Renata. Renata pagará caro o seu erro, está a piques de perder o único que lle queda no mundo: a súa filla. O fillo de Lucía tamén está a piques de separarse da súa familia. Aceptou o traballo nas plataformas petrolíferas e só lle quedan dúas semanas de estancia en Sada antes de marchar. Aurora, pola súa banda, sofre graves problemas de ansieda...