As viúvas dos cinco mariñeiros falecidos e as súas familias tentan saír a frote trala desgraza. Pero á dor pola perda dos seus homes xúntase unha terrible noticia que aparece publicada no xornal, e que saíu dos beizos do único supervivinte: pode que o afundimento do Santoña non fose un simple accidente...