Renata atopa na casa de Eusebio o caderno de Carlos, onde escribiu todo o que aconteceu no Santoña. O caderno revela que o naufraxio do Santoña sucedeu a causa dunha liorta entre os mariñeiros, polo que o seguro pode negarse a pagar as indemnizacións. Marta segue coa idea de marchar a vivir a Vigo, a pesares das disculpas de Sofía. Eusebio recoñece que se namorou de Renata, a muller de Alfredo pero afirma que non por iso ía desexar a morte do seu amigo. ..