Cada vez agroman máis por Galicia proxectos turísticos respectuosos co medio e concienciados coa importancia de defender e divulgar a cultura local como valor diferenciador para eses viaxeiros que buscan autenticidade. Feito en Galicia, nada de feito en Asia. Un novo proxecto de turismo rural en Lires, con conciencia medioambiental e orgullo local, cédelles os seus muros aos creadores da zona para lograr que os visitantes marchen empapados da verdadeira cultura, tradicións e vida cotiá das xentes da Costa da Morte. Toneladas de refugallos plásticos reptan decote pola nosa costa. E ducias de creaturas caóticas agatuñan os muros do espazo expositivo desta nova casa rural da Costa da Morte, entre caras abraiadas pola situación do noso mar e cascos que perderon as súas cabezas nunha profesión, de de mariñeiro, moi estresante. O lixo no mar é a teima da Asociación Mar de Fábula e o seu promotor Xosé Manuel Barros o creador destas pezas e da exposición de denuncia que recunca agora en Lires