É unha tendencia que constatamos ano a ano: o verán é máis caloroso e cada vez máis extenso. Esta estación alongouse no sur de Galicia, nas provincias de Pontevedra e de Ourense, dez días máis por década. A estación estival actual abrangue case seis semanas máis que a comezos dos anos 80. Así o constantan os datos do Open Data Climático da Axencia Estatal de Meteoroloxía, que analizou o impacto do cambio climático en España nos útlimos corenta anos.