Índice de contidos 00:00 Comeza 'A revista' do 29 de outubro 00:50 Teremos dous medallistas no estudio e outra gañadora galega adestrándose en Vilagarcía. Tamén falaremos de empresarios que emprenden en época covid 01:22 En Vilagarcía agárdanos unha campioa de España en varias disciplinas de lanzamento 04:12 Falamos da situación da covid-19 e Galicia 07:21 A prensa do corazón, analizada por Isi 18:27 En tempos complicados hai quen abre a persiana do seu negocio. Falamos con Natalia Martínez, que rexenta unha empresa de eventos, e Carina Gragnolati, dunha bombonería. Estamos en directo en Santiago, nun restaurante que acaba de abrir 31:48 Tempo para a nosa horta. Hoxe Mercede  preséntounos as súas caiotas ou papas do aire 37:32 Laretamos sobre o viño laranxa 40:02 Conexión con redacción para adiantar noticias 41:05 O deporte é bo para calquera idade. Entrevistamos os medallistas Esther Pedrosa e Manuel Cruces e vemos como se adestra Ana Abuín 57:13 Información do tempo, con Diego Viaño