Índice de contidos 00:00 Comezamos A Revista deste venres 18 de outubro cun avance dos nosos contidos. Estaremos nas San Lucas de Mondoñedo e falaremos dos movementos da mocidade en contra do cambio climático 08:09 Anacos de Vida, un novo programa para as tardes da galega, que conta historias de vilas a través de fotos antigas 13:10 Coñecemos o movemento dos mozos en contra do cambio climático. En Galicia a cativada tamén se move para coidar o medio natural 32:02 Fotos que nos mandan os Revisteir@s 34:15 Imos de festa ata Mondoñedo. Comezaron as San Lucas. Estamos en directo na feira de cabalos e na agrícola. e coñecemos a historia da súa catedral que cumpre 800 anos 54:48 Octavio Villazala fálanos dos basiliscos e trae unha cadeliña para adoptar 01:01:31 Diego viaño cóntanos a previsión do tempo para as vindeiras horas 01:02:10 Despedimos a Revista deste 18 de outubro acompañados de Petra, a cadeliña que hoxe ofrecemos en adopción